Historia de Roma 2019/2020 - Usc

Página creada Adriàn Domínguez
 
SEGUIR LEYENDO
FACULTADE DE XEOGRAFÍA E HISTORIA
         DEPARTAMENTO DE HISTORIA

    Historia de Roma
          Ana M.ª Suárez Piñeiro

GUÍA DOCENTE E MATERIAL DIDÁCTICO

                        2019/2020
FACULTADE DE XEOGRAFÍA E HISTORIA. DEPARTAMENTO DE HISTORIA

AUTORA: Ana M.ª Suárez Piñeiro
Edición electrónica. 2019

ADVERTENCIA LEGAL. Reservados todos os dereitos. Queda prohibida a duplicación total ou
parcial desta obra, en calquera forma ou por calquera medio (electrónico, mecánico, gravación,
fotocopia ou outros) sen consentimento expreso por escrito da autora.
1. DATOS BÁSICOS

Código: G5071502. Plan de estudos: Grao de Filoloxía Clásica. Curso: segundo.
Centro: Facultade de Filoloxía. Tipo: obrigatorio. 6 créditos. Segundo cuadrimestre.
Lingua: impartirase en galego.

                                  2. PROFESORA

Nome: Ana M.ª Suárez Piñeiro Centro/Departamento: Facultade de Xeografía e
Historia. Dpto. de Historia. Área de coñecemento: Historia Antiga. Nº de despacho:
022 (planta baixa), Facultade de Xeografía e Historia. Correo electrónico:
ana.suarez.pineiro@usc.es. Tel.: 8818 12567

                                    3. TITORÍAS

Días: luns e martes, de 11 a 13 horas; mércores, de 17 a 18 horas. Lugar: despacho nº
022, Facultade de Xeografía e Historia.

                          4. DATOS XERAIS DA MATERIA

Descritor. O estudo en profundidade de aspectos políticos, institucionais e
socioeconómicos da historia de Roma, para que o alumnado se dote dun referente
histórico co cal coñecer a natureza da cultura romana.

Palabras clave: Roma. Imperium. Res publica. Imperator. Romanización.

Contexto dentro da titulación. A materia Historia de Roma ten que ser cursada polo
alumnado no primeiro curso. Está integrada no módulo historia, arte e pensamento
greco-romanos. Non se esixen coñecementos previos para comprender os diferentes
temas ou unidades de estudo que integran esta materia.

Obxectivos. O alumnado coñecerá e comprenderá:
-1. O marco xeográfico e cronolóxico de desenvolvemento do Imperio Romano.
-2. Os aspectos esencias da Historia de Roma nos seus diversos ámbitos: político e
institucional, social e económico, cultural ou relixioso.
-3. O valor do legado da cultura clásica.
-4. Os elementos culturais comúns na formación de Europa.
-5. As liñas actuais de investigación na materia.
Competencias específicas. O alumnado será capaz de:

-1. Identificar as fontes textuais e arqueolóxicas para o estudo da Historia de Roma.
-2. Asumir a dimensión espacial do Imperio romano desde as súas orixes mediante a
análise de mapas históricos.
-3. Organizar a información histórica de maneira coherente mediante a realización de
comentarios de texto.
-4. Avaliar de forma crítica a bibliografía consultada, encadrándoa nunha perspectiva
teórica.
-5. Abstraer, sintetizar e analizar os datos a partir da información histórica.

Recomendacións xerais

Estudo continuo da materia; participación activa nas clases expositivas e interactivas.

Para alumnado foráneo, coñecemento mínimo da Historia Antiga occidental e da lingua
galega.

                             5. CONTIDOS DA MATERIA

-1. Introdución. Por que debemos estudar a historia de Roma? Marco xeográfico e
cronolóxico. Fontes textuais e materiais. Tendencias actuais da investigación.

-2. A fundación de Roma. O Lacio primitivo: os pobos de Italia. Os etruscos. A
fundación de Roma: lenda e realidade histórica. A monarquía.

-3. A formación da República. A conquista do Mediterráneo. A Lei das Doce Táboas. O
conflito entre patricios e plebeos.

-4. O Estado patricio-plebeo. O sistema político. Institucións e maxistraturas.
Transformacións económicas. A sociedade: nobilitas, campesiñado, libertos e escravos.
A organización de Italia: anexión e alianzas (itálicas e latinas).

-5. A expansión de Roma polo Mediterráneo. Cartago. A primeira e a segunda Guerra
Púnica. Oriente e Occidente: as monarquías helenísticas a finais do s. III e a
intervención de Roma. A terceira Guerra Púnica. O imperialismo romano.

-6. A crise da República. A cuestión agraria e os intentos de solución: os Graco. Os
intentos de reforma: Mario e A. Saturnino. As reformas de Livio Druso. A guerra social.
A restauración de Sila. O primeiro triunvirato. A guerra entre César e Pompeio. César:
reformas e réxime político. O segundo triunvirato. O triunfo de Octavio.
-7. Augusto e a fundación do Principado. Os poderes do Princeps. O novo ordenamento
político-constitucional: as maxistraturas e o Senado. As reformas de Augusto:
organización provincial, reforma financeira, exército. A sucesión imperial.

-8. Alto Imperio Romano. Dinastías e emperadores: Xulio-Claudios: Tiberio, Calígula,
Claudio, Nerón. Flavios: Vespasiano, Tito, Domiciano. Antoninos: Nerva, Traxano,
Hadriano, Antonino Pío, Marco Aurelio, Cómodo. Severos: Septimio Severo, Caracalla,
Macrino, Heliogábalo, Alexandre Severo.

-9. Alto Imperio: estrutura social e económica. Administración imperial: Senado,
comicios e maxistraturas. Administración provincial. Sociedade: ordines senatorial e
ecuestre; libertos; escravos. Economía.

-10. A crise do s. III. A anarquía militar. Aspectos políticos: a militarización do Imperio
e a inestabilidade do poder. O perigo exterior e a presión nas fronteiras. Aspectos
económicos e sociais: a crise demográfica, económica, monetaria e fiscal do Estado.

-11. A restauración do Imperio (284-305). A Tetrarquía. As reformas de Diocleciano:
militares e fiscais; a política relixiosa. O ascenso de Constantino.

-12. O Imperio Constantiniano. O s. IV: de Constantino a Teodosio (324-395). A
administración do Imperio: o poder imperial e o Estado burocrático. O exército e a
defensa do Imperio. Sociedade e economía: a política fiscal e monetaria. A
transformación da propiedade, padroado e colonato. O cristianismo.

-13. A división do Imperio e a crise de Occidente (395-476). A fin do Estado en
Occidente: as invasións xermánicas e a crise da autoridade imperial (de Honorio a
Rómulo Augusto).

-14. A vida cotiá. Familia, educación, otium. A cidade. As crenzas: ritos, auspicios e
prodixios. O mundo funerario.

                                   6. METODOLOXÍA

Co obxecto de facilitar e racionalizar a docencia da materia utilizaranse as seguintes
técnicas:

-clases expositivas nas que se fará a explicación dos contidos teóricos;
-clases interactivas nas que as actividades serán prácticas relacionadas cos contidos
teóricos dados (comentarios de fontes clásicas, proxección de audiovisuais, elaboración
de mapas, realización de debates, lecturas críticas, exposicións de traballos, etc.);
-titorías personalizadas.
Na seguinte táboa indícase a distribución das actividades.

Docencia expositiva: 30 horas

Docencia interactiva: 15 horas

Titoría personalizada: 2 hora

                   7. PLANIFICACIÓN DE ACTIVIDADES*

Semana        Horas clase Actividades                 Contidos

     1ª             3           Doc. expositiva Presentación.
                                Doc. Interactiva Tema 1.

     2ª             3           Doc. expositiva Tema 2.
                                Doc. interactiva
     3ª             3           Doc. expositiva Tema 3.
                                Doc. interactiva
     4ª             3           Doc. expositiva Temas 4-5.
                                Doc. interactiva
     5ª             3           Doc. expositiva Temas 5-6.
                                Doc. interactiva
     6ª             3           Doc. expositiva Tema 6
                                Doc. interactiva
     7ª             3           Doc. expositiva Temas 7-8
                                Doc. interactiva
     8ª             3           Doc. expositiva Temas 8-9
                                Doc. interactiva
     9ª             3           Doc. expositiva Tema 10
                                Doc. interactiva
     10ª            3           Doc. expositiva Temas 11-12
                                Doc. interactiva
     11ª            3           Doc. expositiva Temas 13-14
                                Doc. interactiva
     12ª            3           Doc. Interactiva Exposición de traballos

     13ª            3           Doc. interactiva Exposición de traballos
14ª             3         Doc. interactiva Exposición de traballos
                                               Preparación do exame
* Esta planificación é orientativa e poderá estar suxeita a modificacións por motivos
continxentes.

                            8. BIBLIOGRAFÍA XERAL

-Grimal, P. Historia de Roma. Barcelona, Paidós, 2005.
-López Barja, P. e F. J. Lomas Salmonte. Historia de Roma. Madrid, Akal, 2004.
-Mangas, J. Historia universal, v. I-B, Edad Antigua. Roma, Barcelona, Vicens Vives,
1999.
-Montanelli, I. Historia de Roma. Barcelona. Plaza & Janés, 2001.
-Roldán Hervás, J. M. Historia de Roma. Universidad de Salamanca, 2005.
-Suárez Piñeiro, A. Mª. Roma antiga. Historia de un imperio global. Madrid, Akal,
2019.

Obras de referencia:
-Atlas Akal de historia clásica. Madrid, Akal, 2002.
-Crawford, M. et alii, Fuentes para el estudio de la Historia Antigua, Madrid, Taurus,
1986.

Unidades didácticas:
-Suárez Piñeiro, Ana Mª. A República romana. Universidade de Santiago de
Compostela, 2014.
-Suárez Piñeiro, Ana Mª. A Monarquía. Universidade de Santiago de Compostela, 2015.
-Suárez Piñeiro, Ana Mª. As orixes de Roma. Universidade de Santiago de Compostela,
2016.

                        9. BIBLIOGRAFÍA ESPECÍFICA

-Ariés, Ph. e G. Duby (eds.). Historia de la vida privada, v. I. Madrid, Taurus, 1987.
-Beard, M. Pompeia. Barcelona, Crítica, 2009.
-Beard, M. SPQR: Una historia de la antigua Roma, Barcelona, Crítica, 2016.
-Brandt, H. Constantino. Barcelona, Herder, 2007.
-Bravo, G. (coord.). La caída del Imperio Romano y la génesis de Europa. Cinco
nuevas visiones. Madrid, Editorial Complutense, 2001.
-Bravo, G. Diocleciano y las reformas administrativas del Imperio. Madrid, Akal, 1991.
-Cameron, A. El Bajo Imperio Romano, 284-430. Madrid, Encuentro, 2001.
-Canfora, L. Julio César. Un dictador democrático. Barcelona, Ariel, 2000.
-Cantarella, E. La mujer romana. Univ. de Santiago de Compostela, 1991.
-Carcopino, J. La vida cotidiana en Roma en el apogeo del Imperio. Madrid, Temas de
Hoy, 2001.
-Cornell, T. e J. Matthews. Roma: legado de un imperio. Barcelona, Folio, 1989.
-Cornell, T. Los orígenes de Roma. Barcelona, Crítica, 1999.
-Crawford, M. La República romana. Madrid, Taurus, 1981.
-Fernández Ubiña, J. El Imperio romano bajo la anarquía militar. Madrid, Akal, 1990.
-Fernández Ubiña, J. La crisis del siglo III y el fin del mundo antiguo. Madrid, Akal,
1982.
-Fraschetti, A. Augusto. Madrid, Alianza, 2000.
-Gabba, E. e U. Laffi. Sociedad y política en la Roma republicana. Pisa, Paccini, 2000.
-Gibbon, E. Historia de la decadencia y ruina del Imperio romano. Madrid, Turner,
1984.
-Goldsworthy, A. Las Guerras Púnicas. Barcelona, Ariel, 2002.
-Goñi Zubieta, C. Una de romanos: un paseo por la historia de Roma. Barcelona, Ariel,
2007.
-Goodman, M. The Roman world, 44 BC-AD 180. London-New York, Routledge, 1997.
-Harris, W.V. Guerra e imperialismo en la Roma republicana 327-70 a. C. Madrid,
Siglo XXI, 1989.
-Heurgon, J. Roma y el Mediterráneo occidental hasta las guerras púnicas. Barcelona,
Labor, 1982.
-Jenkins, R. (ed.) El Legado de Roma: una nueva valoración. Barcelona, Crítica, 1995.
-Jones, A. H. M. Augusto. Buenos Aires, EUDEBA, 1974.
-Le Glay, M. Grandeza y decadencia de la República romana. Madrid, Cátedra, 2001.
-Leppin, H. Teodosio. Barcelona, Herder, 2008.
-Martínez-Pinna, J. Los orígenes de Roma. Madrid. Síntesis, 1999.
-Matyszak, P. Legionario. El manual del soldado romano. Akal, 2010.
-Matyszak, P. La antigua Roma por cinco denarios al día. Akal, 2012.
-Momigliano, A. (ed.). El conflicto entre el paganismo y el cristianismo en el siglo IV.
Madrid, Alianza, 1989.
-Pastor, B. Constantino: la invención del cristianismo. Madrid, Oberón, 2007.
-Pina Polo, F. La crisis de la República, Madrid, Síntesis, 1999.
-Syme, R. La revolución romana. Madrid, Taurus, 1989.
-Torelli, M. Historia de los etruscos. Barcelona, Crítica, 1996.
-Veyne, P. La sociedad romana. Madrid, Mondadori, 1991.
-Viñas, A. Instituciones políticas y sociales de la Roma antigua. Madrid, Iustel, 2010.
-Williams, S. Diocletian and the Roman recovery, New York, Methuen, 1985.
-Zanker, P. Augusto y el poder de las imágenes. Madrid, Alianza, 1992.

                            10. RECURSOS EN REDE

-Perseus Digital Library: http://www.perseus.tufts.edu
-Coleccións de textos clásicos:
http://clasicas.usal.es/recursos/textos.htm
-Le Dictionnaire des Antiquités Grecques et Romaines de Daremberg et Saglio (en
francés): http://dagr.univ-tlse2.fr/sdx/dagr/
-Rome Project: http://blogs.dalton.org/rome/
-The American Classical League: http://www.aclclassics.org/
-Internet Ancient History Sourcebook:
http://www.fordham.edu/halsall/ancient/asbook.html
-De Imperatoribus Romanis (enciclopedia en liña dos emperadores
romanos): http://www.roman-emperors.org/
-Epigraphische Datenbank Heidelberg (Base de datos de inscricións
latinas de todas as rexións do Imperio Romano): http://www.uniheidelberg.
de/institute/sonst/adw/edh/
-Hispania Epigraphica: http://eda-bea.es/
-Inscriptiones Latinae Selectae (selección de inscricións latinas):
http://www.gnomon.ku-eichstaett.de/Gnomon/ILS.html
-Roma no Google earth: http://earth.google.es/rome

                    11. AVALIACIÓN E CUALIFICACIÓN

Valorarase o rendemento acadado e a aprendizaxe adquirida a través dunha
combinación equilibrada entre actividades de avaliación formativa e final.
Na primeira valorarase o esforzo e o progreso na aprendizaxe e incentivarase unha
dedicación constante á materia ao longo do cuadrimestre. A segunda permitirá coñecer
os resultados da aprendizaxe.
    − O alumnado realizará varias actividades na aula (comentarios de texto, mapas,
        lecturas críticas, etc.) que terá que entregar por escrito.
    − Nas últimas semanas o alumnado terá que expoñer un traballo (e entregalo
        escrito), sobre un dos temas aquí relacionados.
        1. A escravitude
        2. A moeda
        3. O sacerdocio
        4. As divindades
        5. A morte
        6. A familia
        7. As enfermidades e a medicina
        8. Transportes e medios de comunicación
        9. Algún personaxe destacado

Todos os traballos escritos deberán ser orixinais: o incumpimento deste requisito
imposibilitará superar a materia.

A avaliación constará de tres partes: proba escrita; participación e actividades das
sesións interactivas, e traballo persoal. A proba escrita suporá o 50% da cualificación
final; a participación e as actividades, o 25%, e o traballo outro 25%. Na segunda
oportunidade manterase a puntuación das partes superadas.

O alumnado con dispensa de asistencia será cualificado só coa proba escrita.
También puede leer