Literatura alemá dende a Ilustración ata o Romanticismo 2019/2020 - USC
←
→
Transcripción del contenido de la página
Si su navegador no muestra la página correctamente, lea el contenido de la página a continuación
FACULTADE DE FILOLOXÍA
DEPARTAMENTO DE FILOLOXÍA INGLESA E ALEMÁ
Literatura alemá dende a
Ilustración ata o
Romanticismo
Victor Millet
GUÍA DOCENTE E MATERIAL DIDÁCTICO
2019/20202 FACULTADE DE FILOLOXÍA. DEPARTAMENTO DE FILOLOXÍA INGLESA E ALEMÁ AUTOR: Victor Millet Edición electrónica. 2019 ADVERTENCIA LEGAL: Reservados todos os dereitos. Queda prohibida a duplicación total ou parcial desta obra, en calquera forma ou por calquera medio (electrónico, mecánico, gravación, fotocopia ou outros) sen consentimento expreso por escrito dos autores.
3
1. DATOS DESCRITIVOS DA MATERIA:
1.1 Descrición da materia
– Nome: Literatura alemá dende a Ilustración ata o Romanticismo
– Código: G5081423
– Carácter: Obrigatoria no Grao de Linguas e Literaturas Modernas
(Maior de Filoloxía Alemá)
– Curso: 4° curso
– Semestre: 1°
– Créditos: 6
1.2 Profesor encargado: Victor Millet Schröder
1.3 Lugar e horario de titorías:
– Despacho 403, Facultade de Filoloxía
– Martes 10°°– 13°° h
Mércores 10°°– 11°° h
Xoves 13°°– 15°° h
2. SENTIDO DA MATERIA NO PERFIL DA TITULACIÓN
A materia Literatura alemá dende a Ilustración ata o Romanticismo
profundiza no estudo da literatura do período indicado, na adquisición dos
conceptos teóricos e metodolóxicos necesarios así como das ferramentas
prácticas para a comprensión das etapas, movementos e autores da época
e a súa análise a través dos textos. A materia entronca co Panorama da
literatura alemá 1, que ofrece unha visión de conxunto da literatura alemá
desta mesma época. O cometido da materia é o de afundir no estudo da
literatura alemá desta época a través da análise detallada de textos
representativos e co obxectivo de coñecer as posturas críticas e aprender
a traballar con elas para desenvolver criterios propios.
3. OBXECTIVOS
Obxectivos
Esta materia ten como obxectivo a formación no traballo filolóxico en
literatura alemá da segunda metade do século XVIII e primeira metade do4
XIX. Tomando como base os coñecementos adquiridos na materia
'Panorama da literatura alemá 1', o curso afundirá no estudo dos aspectos
teóricos e dos textos representativos. Para iso tomaráse como referencia
o Fausto de Goethe, que representa toda a época en cuestión.
Competencias
O alumno debe aprender a recoñecer os principais aspectos teóricos e
metodolóxicos dos textos estudados, coñecer as posturas da crítica e
saber debatelas con argumentos fundados. Debe tamén afundir na
capacidade de análise das obras estudadas, na competencia en obter
información crítica fundamental e na capacidade de elaborar estudos
escritos de pequeno tamaño.
4. CONTIDOS
O curso desenvolverá unha análise de todas e cada unha das partes do
texto de referencia, incluíndo versións previas e antecedentes literarias,
aspectos formais e figurativos, linguísticos e semánticos. Constituirá así
non só un foro de transmisión de coñecemento, senon que realizará un
estudo exemplar dunha obra destacada da literatura alemá.
Semanalmente, o alumnado terá que preparar materiais, ler
bibliografía ou preparar fragmentos do texto para as sesións docentes,
que versarán sobre unha lista de temas que se indicará ó principio do
curso.
5. BIBLIOGRAFÍA
Texto
– Johann Wolfgang Goethe: Faust. Texte und Kommentare. Hrsg. von
Albrecht Schöne. 6., revid. Aufl. Frankfurt / Main 2005. ISBN: 978-3-
618-68001-7. € 15,--
– Johann Wolfgang Goethe: Fausto (edición bilingüe), trad. de Pedro
Gálvez. Madrid (Penguin Clásicos) 2016. ISBN-13: 978-84-91-05194-7.
€ 13,255
Bibliografía crítica
Doering, Sabine: Die Schwestern des Doktor Faust. Eine Geschichte der
weiblichen Faust-gestalten. Göttingen 2001.
François, Etienne und Hagen Schulze (Hrsg.): Deutsche Erinnerungsorte. 3
Bde. München 2001.
Gaier, Ulrich: Erläuterungen und Dokumente zu Goethe: Faust I, Stuttgart
2011 (Reclam UB 16021).
Gaier, Ulrich: Erläuterungen und Dokumente zu Goethe: Faust II, Stuttgart
2012 (Reclam UB 16022).
Gaier, Ulrich: Kommentar zu Goethes Faust. Stuttgart 2002 (Reclam UB
18183).
Goethe-Handbuch in vier Bänden. Hrsg. von Bernd Witte u.a. Stuttgart
1996–1999.
Hohlfeld, Alexander Rudolph: Pakt und Wette in Goethes „Faust“.
[1920/21.] In: Aufsätze zu Goethes „Faust I“. Hrsg. von Werner Keller.
S. 380–409.
Jaeger, Hans: Der „Wald-und-Höhle“-Monolog im „Faust“. [1967.] In:
Aufsätze zu Goethes „Faust I“. Hrsg. von Werner Keller. S. 428–442.
Keller, Werner (Hrsg.): Aufsätze zu Goethes „Faust I“. Darmstadt 1991.
Keller, Werner (Hrsg.): Aufsätze zu Goethes „Faust II“. Darmstadt 1992.
Keller, Werner: Der Dichter in der „Zueignung“ und im „Vorspiel auf dem
Theater“. [Zuerst 1972.] In: Ders.: Aufsätze zu Goethes „Faust I“. S.
151–191.
Luserke, Matthias: Kulturelle Deutungsmuster und Diskursformation am
Beispiel des Themas Kindsmord zwischen 1750 und 1800. In Lenz-
Jahrbuch 6 (1996), S. 198–229.
Mahl, Bernd: Goethes Faust auf der Bühne (1806 – 1998). Fragment –
Ideologiestück – Spieltext. Mit 12 Farb- und 239
Schwarzweißabbildungen. Stuttgart/Weimar 1998.
Mandelkow, Karl Robert: Der Mythos Faust. In: Ders.: Goethe in
Deutschland. Rezeptions¬geschichte eines Klassikers. Bd. 1: 1773–
1918. München 1980. S. 240–261.
Mattenklott, Gert: Faust. In: Etienne François und Hagen Schulze (Hrsg.):
Deutsche Erinnerungsorte. Bd. 3. München 2001. S. 603–619.
Müller, Joachim: Prolog und Epilog zu Goethes Faustdichtung. [1969.] In:
Aufsätze zu Goethes „Faust I“. Hrsg. von Werner Keller. S. 215–246.
Schmidt, Jochen: Goethes Faust. Erster und Zweiter Teil. Grundlagen –
Werk – Wirkung. 2., durchges. Aufl. München 2001 (= Arbeitsbücher
zur Literaturgeschichte).6
Schöne, Albrecht: Satanskult, Walpurgisnacht. In: Ders.: Götterzeichen,
Liebeszauber, Hexenkult. Neue Einblicke in alte Goethetexte. [1982.]
3., erg. Aufl. München 1993. S. 107–216.
Schwerte, Hans: „Das Faustische“ – Eine deutsche Ideologie. In: Aufsätze
zu Goethes „Faust I“. Hrsg. von Werner Keller. S. 86–105.
Weigand, Herman J.: Wetten und Pakt in Goethes „Faust“. [1967.] In:
Aufsätze zu Goethes „Faust I“. Hrsg. von Werner Keller. S. 410–427.
Zabka, Thomas: Dialektik des Bösen. Warum es in Goethes
„Walpurgisnacht“ keinen Satan gibt. In: DVjs 72 (1998). S. 201–226.
6. METODOLOXÍA DO ENSINO
O debate dos temas e a auto-aprendizaxe do alumnado no mesmo terán
prioridade sobre a explicación teórica do profesor.
7. DISTRIBUCIÓN DA CARGA DOCENTE
Actividades presenciais Horas Actividades non presenciais Horas
Sesións interactivas 45 Estudo e preparación de actividades 28
programadas en clase
Sesións de titoría 3 Realización de traballos 44
programada
Lecturas 30
Total 48 102
8. SISTEMA DE AVALIACIÓN
Para todo o alumnado, incluído o que teña dispensa académica, e para
ambas oportunidades rixe o seguinte: a evaluación se baseará nun traballo
final sobre a obra que o alumno poderá realizar de xeito individual ou en
grupo (neste último caso, con indicación da parte realizada por cada
compoñente). Presentaránse ao menos 2 versións previas en diferentes
estados de desenvolvemento, unha o 30 de outubro e outra o 30 de
novembro, que serán corrixidas polo profesor e deberán ser melloradas7 seguindo as súas indicacións. O prazo de entrega da versión final é o último día lectivo. Valoraráse coñecemento da bibliografía, profundidade de análise, claridade de plantexamento e calidade de exposición escrita.
También puede leer